BENVIDO Á WEB DE TELETREANDO

Uns son novos e outros son xogos tradicionais

renovados pola tecnoloxía.

 Un orixinal programa informático

subministra infinitas combinacións de xogo.

 O computador crea os xogos

e o xogador trata de solucionalos

escribindo palabras no teclado.

 O sistema acepta ou rexeita as palabras escritas,

confrontándoas coas regras de cada xogo

e co lexicón do dicionario de referencia.

 

Vai clasificado o vocabulario en cinco niveis:

básico, intermedio, avanzado, superior e inhabitual.

 

O computador controla que cada proposta de xogo

sexa adecuada para o nivel de dificultade escollido polo xogador.

As solucións aportadas están dentro do mesmo nivel.

 As palabras van pontoadas por tres criterios:

cada letra vale máis ou menos pontos

de acordo coa súa frecuencia no noso dicionario,

a palabra vale máis ou menos pontos

en razón inversa ao seu nivel de uso

e por último as regras específicas de cada xogo

entran a completar a valorazón final.

 
un xogo de
Galego

seleccionar idiomas