Os xogos de palabras deste segundo disco

aseméllanse en certo modo

aos típicos xogos de naipes de ordenador.

 

Ainda que se lles chame "solitários",

estes xogos disfrútanse máis ao xogalos en compaña

e coa axuda de outros.

 

Pero poden converterse en xogos competitivos

nos que cada xogador pontoa por separado.

 

Contamos cunha baralla de oitenta naipes.

Cada carta representa unha letra.

A composición da baralla non se deixou ao azar.

Cada letra figura máis ou menos veces na baralla

dependendo da súa presenza no dicionário.

A combinación de vocais e consoantes

responde igualmente á súa proporción no léxico.

 

Cada xogo ten as súas próprias regras,

pero en todos eles se xoga a compor palabras.

 

Os xogos remátanse, salvo casos especiais,

cando se converteron todas as letras en palabras.

Como en calquera solitário tradicional,

é posíbel que non todas as veces se atinxa o éxito total.

 

  

seleccionar idiomas 

BENVIDO Á WEB DE TELETREANDO CD 2

un xogo de
Galego