seleccionar idiomas 

páxina

 principal

Galego
un xogo de

VALORAZÓN DE PALABRAS

Unha vez composta unha palabra,

o ordenador encarrégase de a aceitar ou rexeitala

vixiando que se cumplan as condicións de cada xogo

e confrontándoa co vocabulário de referéncia.

 

O software informático valora as palabras formadas:

 

polo nível de dificuldade da palabra,

en razón inversa á súa frecuéncia de uso

 

pola rareza das súas letras,

que fica reflectida na súa cor:

rosa, 1 ponto

verde, 2 pontos

 amarelo, 3 pontos

 laranxa, 4 pontos

 celeste, 5 pontos

 

polo número de letras das palabras formadas,

que salvo excepcións se pontóanse da maneira a seguir:

 

Palabras de 1, 2 ou 3 letras: son validas pero non pontoan.

 Palabras de 4 letras: 2 pontos.

 Palabras de 5 letras: 5 pontos.

 Palabras de 6 letras: 10 pontos.

 Palabras de 7 ou máis letras: 15 pontos.